As obras de renovación do parque de Maruxa Mallo, paradas desde hai un tempo, retomaranse a próxima semana. Así o asegura o edil de Desenvolvemento Sostible, Iván Puentes, tras a confirmación que recibiu por parte da empresa que executa os traballos.
Preguntado acerca das queixas veciñais sobre o estado no que se atopa a zona, que debería completar as súas obras antes de marzo, Puentes sostivo que os prazos atrasáronse por problemas coa subministración de materiais.
"A razón é basicamente un problema puntual na subministración de flor e planta de tempada", afirmou o concelleiro socialista, algo que "xa o teñen resolvido".
Defende que o axardinamento da zona, especialmente a plantación destas novas zonas verdes, é un dos traballos que quedan pendentes de finalizar.
Ademais, tamén faltan os murais sobre a pintora Maruxa Mallo cos que "se vai a ambienta e tematizar" este parque infantil, situado no barrio da Parda.
Cespa é a compañía que está a executar esta renovación do parque, que ten un orzamento de case 58.000 euros.
O proxecto incluía a optimización das condicións de seguridade do noiro existente mediante a instalación dun valado de aceiro galvanizado e madeira para evitar, un peche anti sonoro ao longo de todo o perímetro e a dotación de novos bancos, papeleira e fonte.
As obras tamén se traducen nun axardinamento do noiro e do resto das zonas verdes que rodean á pista e ao parque infantil, así como na instalación dun sistema de rega moderna e sostible que permitan unha boa conservación.
A renovación da pista deportiva, na que se instalaron novas porterías, completan esta actuación.