Prisión para o presunto parricida de Moraña

Umia
01 de agosto 2015

A xuíza titular do xulgado mixto número 1 de Caldas decretou prisión provisional e sen fianza para David Oubel, o home acusado de asesinar as súas dúas fillas en Moraña. David Oubel negouse a declarar ante a xuíza.

Paso a disposición xudicial do presunto parricida de Moraña
Paso a disposición xudicial do presunto parricida de Moraña /

A xuíza titular do xulgado mixto número 1 de Caldas decretou prisión provisional, comunicada e sen fianza para David Oubel, o home acusado de asesinar as súas dúas fillas en Moraña.

O fiscal que leva o caso, Alejandro Pazos, informou este sábado á saída dos xulgados de Caldas que pedirá a cualificación de asasinato por cada unha das mortes entendendo a existencia dunha agravante que rexeitou aclarar, pero si apuntou que ve "indicios" de culpabilidade en David, de 40 anos de idade e deixou ver que pedirá por primeira vez en España que se impoña a condena de prisión permanente revisable.

Segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), as actuacións foron decretadas segredas.

O presunto parricida foi trasladado en torno ás 12.30 horas deste sábado aos xulgados, onde foi recibido con insultos proferidos por decenas de persoas que o esperaban e que agardaron ata a súa saída contra as 16.45 da tarde, tras máis de catro horas en sede xudicial,.

David, de 40 anos de idade, era trasladado dende a Comandancia de Pontevedra onde pasou a noite tras recibir a alta médica no Hospital Montecelo, onde fora ingresado como consecuencia das feridas sufridas tras intentar autolesionarse, segundo informaron fontes da investigación.

Esposado e a cara descuberta David entrou nos xulgados onde se acolleu ao seu dereito a non declarar

Esposado e a cara descuberta David entrou nos xulgados onde se acolleu ao seu dereito a non declarar pero solicitou unha audiencia reservada co seu abogado.

Para este sábado tamén estaban programadas as autopsias dos cadáveres das nenas, menores de idade, que segundo se avanzou, foron degoladas cunha radial.

Fontes do TSXG confirmaron que ao detido non lle constan antecedentes por violencia no ámbito doméstico.

O presunto autor do parricidio tería que ter entregado este sábado ás dúas pequenas á súa nai, Rocío V., da que se encontra divorciado.

O Concello de Moraña decretou tres días de loito. As mostras de dor repítense por toda a xeografía galega. A Deputación de Pontevedra convocou unha concentración para este luns ás 12 ante a sede desta institución.

INCINERADAS NA MÁIS ABSOLUTA INTIMIDADE

As nenas falecidas, Amaya, de catro anos, e Candela, de nove, serán incineradas na máis absoluta intimidade e a súa familia decidiu non celebrar velorio, segundo comunicou a Funeraria San Mauro, encargada do enterro das falecidas.

Arquivado en