Primeiros pasos do BNG e o PSOE para formar un bipartito en Barro

Barro
30 de maio 2015

A sede do BNG en Barro acolleu este venres o primeiro encontro entre nacionalistas e socialistas para conseguir un pacto de goberno neste muncipio que desbanque da alcaldía ao popular, José Antonio Landín Eirín, despois de 32 anos de mandato neste Concello

Xosé Manuel Abraldes, candidato do BNG en Barro
Xosé Manuel Abraldes, candidato do BNG en Barro

A sede do BNG en Barro acolleu este venres o primeiro encontro entre nacionalistas e socialistas para conseguir un pacto de goberno neste muncipio que desbanque da alcaldía ao popular, José Antonio Landín Eirín, despois de 32 anos de mandato neste Concello.

Por parte do Bloque Nacionalista Galego o equipo negociador está formado por Xosé Manuel Fernández Abraldes, Roberto Rivas e Santiago Barros, mentres que polo PSdeG participan José Sanmartín, Lía Rodríguez e Rocío Touriño.

Ambos os dous grupos políticos coincidiron en destacar a boa sintonía encontrada de cara a chegar a un acordo, aínda que para iso necesitarán novas reunións nas que seguir falando de proxectos comúns cos respectivos programas electorais enriba da mesa.

Arquivado en