O inicio das obras de humanización da rúa Santa Clara, previsto para este luns 23 de setembro, obriga a realizar cortes de tráfico na zona. Nesta primeira fase dos traballos pecharase o acceso dos vehículos ao treito comprendido entre as rúas Padre Gaite e Álvaro Cunqueiro.
Co de facilitar o accesos a veciños e servizos, a Policía Local deseñou un dispositivo especial de tráfico. O acceso á rúa Santa Clara, para os vehículos procedentes da Avenida de Bos Aires, será a través das rúas Irmáns Sobrino Buhigas e Cruz Vermella; mentres que os vehículos que veñan de Cobián Roffignac deberán acceder por Cruz Vermella cara Álvaro Cunqueiro e Santa Clara.
En todo caso, para advertir destes cambios, colocaranse sinalizacións informativas nas vías perimetrais.
DETALLES DA OBRA
Estas obras de humanización teñen un orzamento de 676.000 euros e serán executadas pola empresa Eiriña. Teñen como obxectivo devolver a este espazo o seu protagonismo dentro das xoias históricas e patrimoniais da cidade. A reforma permitirá poñer en valor á contorna do convento e mellorará a calidade de vida dos residentes en canto a servizos e accesibilidae.
Significativo será o cambio de ancho das beirarrúas, que oscilarán entre o 1,80 e o 2,50 metros, cando na actualidade hai tramos que non superan o metro, e incumplen os estándares mínimos de accesibilidad. Fronte ao Convento de Santa Clara recuperarase o atrio tradicional cunha superficie de 800 metros cadrados en pedra. Tanto a igrexa como un dos treitos da muralla existentes contarán unha iluminación artística.
O proxecto tamén introduce cambios na praza de José Martí, co obxecto de abrila ao máximo, salvando as diferenzas de cota da rúa. A superficie da praza será pavimentada en losa de cuarcito raiada, un material moi similar ao existente no chan da igrexa de San Francisco. No centro da praza instalaranse dous bancos circulares, adornados cunha xardineira.
Pero una das novidades é a proposta de acondicionamento da zona verde situada á beira do hipermercado, actualmente bastante abandonada. A empresa Eiriña aposta por recuperar o parque público eliminando especies invasoras e dándolle permeabilidade a esta zona de estar. Un parque infantil, unha fonte pública, bancos, iluminación e demais mobiliario urbano permitirán integrar unha zona ata agora escondida ao público.