Primeiro Concurso Internacional de Playbacks do Entroido Meco

O Salnés
28 de xaneiro 2016

Con motivo da celebración do Entroido 2016, o Concello do Grove convoca o Primeiro Concurso de Playbacks que terá lugar o mércores 10 de febreiro ás 19.00 horas na Carpa do Entroido instalada na praza do Corgo. A organización habilitará o espazo para dispor dun escenario e do equipo de son e iluminación adecuado

Mostra da Parodia 2014
Mostra da Parodia 2014 / Diego Torrado

Con motivo da celebración do Entroido 2016, o Concello do Grove convoca o Primeiro Concurso de Playbacks que terá lugar o mércores 10 de febreiro ás 19.00 horas na Carpa do Entroido instalada na praza do Corgo. A organización habilitará o espazo para dispor dun escenario e do equipo de son e iluminación adecuado.

Os participantes deberán preparar unha actuación en playback de entre 5 e 10 minutos empregando un ou varios temas musicais que escollan.

Poderán participar no concurso rapaces de entre 12 e 18 anos. Para participar é preciso realizar a inscrición, que será gratuíta. Esta poderá formalizarse na Carpa do Entroido entre as 17.00 e as 19.00 horas cubrindo a correspondente folla de inscrición e presentando a canción ou montaxe musical coa que queiran actuar en soporte dixital (CD ou pen drive) nun formato adecuado para a súa reprodución en todo tipo de aparellos.

Establécense as seguintes categorías: individual, parella e grupo (a partir de 3 membros e cun máximo de 8). Elixirase un gañador único en cada categoría, que recibirá un vale de compra para cambiar no comercio local asociado a Emgrobes polo seguinte importe: 50 euros (individual); 100 euros (parella) e 150 euros (grupo). O xurado poderá determinar o nomeamento de accésits nas distintas categorías.

Arquivado en