Primeira visita institucional do novo subdelegado de Defensa á Subdelegación do Goberno

Pontevedra
20 de xaneiro 2021

Maica Larriba recibiu ao coronel Miguel Constantino Cortés Calvo, novo subdelegado de Defensa en Pontevedra

Maica Larriba recibiu ao coronel Miguel Constantino Cortés Calvo, novo subdelegado de Defensa en Pontevedra.
Maica Larriba recibiu ao coronel Miguel Constantino Cortés Calvo, novo subdelegado de Defensa en Pontevedra. / Mónica Patxot

A subdelegada do Goberno, Maica Larriba, recibiu este mércores ao coronel Miguel Constantino Cortés Calvo, novo subdelegado de Defensa en Pontevedra. Esta era a primeira visita institucional de Cortés á Subdelegación do Goberno.

Durante o seu encontro, Larriba, que xa estivera na súa toma de posesión celebrada o pasado 18 de decembro, quixo trasladar unha vez máis os seus parabéns ao coronel, así como ofrecer a súa total "disposición para colaborar en todos aqueles asuntos da provincia que atinxan as dúas Subdelegacións".

Pola súa banda, o subdelegado de Defensa agradeceu o recibimento e quedou a disposición da Subdelegada. 

O coronel Miguel Constantino Cortés Calvo é coñecedor da provincia de Pontevedra, xa que ata o pasado mes de decembro era o xefe da Unidade de Servizos da base Base Xeneral Morillo, desde onde opera a BRILAT.