'Os de Noalla', 'Val do Lérez. E agora que?', 'Murga do Naveiro. 50 cuquis de Brey' e ' Tropa de Moncha A Caralla', do Grove. Estas catro comparsas, o seu repaso irónico e retranqueiro á actualidade e a súa irreverencia foron os protagonistas da primeira cita deste Entroido 2018 coas Murgas.
O Pazo da Cultura acolleu na noite deste luns a primeira eliminatoria do XXVII Concurso de Murgas reeditando o éxito de cada ano, no que o auditorio volveu quedar pequeno para a cantidade de xente que non dubidou en facer cola durante horas para atopar asento.
PontevedraViva recolle en fotografías e vídeo un repaso a esa primeira noite de Murgas, que tamén poderá seguirse íntegra en PontevedraVivaRadio.
A cita coas Murgas regresará este mércores ás 21.00 horas no Pazo da Cultura coa segunda eliminatoria, na que actuarán 'El Nacimiento de los PTV', 'Equipo Ja', 'Leña Verde' e 'Jana de Leira'. O xoves será a gran final.