O Concello de Pontevedra anuncia que o vindeiro luns 13 de maio, debido ás obras que se executan na Praza de Barcelos, permanecerá pechada ao tráfico a entrada á rúa San Antoniño desde a Rúa Pai Gaite.
O acceso ao centro da cidade, desde a zona norte da cidade, deberá realizarse circulando pola Rúa Xosé Malvar cara a Eduardo Pondal. Só vai permitirse o acceso cara á Praza de Barcelos.
O horario de peche previsto será de 10.30 a 13.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas.
Fóra desas horas, a circulación non se verá afectada polos traballos.
A pavimentación da Praza de Barcelos tamén conlevará o peche da praza durante o martes 14 e o mércores 15 de maio, en horario continuo desde as 08.00 ata as 19.00 horas.
Só permitirase o acceso ao aparcamento soterrado de Barcelos.