Preto dun milleiro de persoas participarán no desfile de entroido que se celebrará na Lama o vindeiro sábado 4 de marzo, a partir das 18 horas, desde o pavillón municipal ata a Alameda onde estará instalada unha gran carpa e onde terá lugar o baile de entroido amenizado pola orquestra Xacobeo.
A organización prevé a repartición de substanciosos premios en metálico para as comparsas, grupos de procedencia local e visitante ademais da os mellores disfraces individuais e por parellas.
Nestes momentos está confirmada a presenza de seis comparsas do máis alto nivel e que protagonizan o entroido na comarca como Amoriños de Bora; Os Solfamidas, de Campolameiro; Las Flores del Carnaval, de Monte Porreiro; Os da Caña, de Marín; Os 100Tolos, de Campelo-Poio y Os Canecos de Poio.
O Concello da Lama reserva un total de 3.415 euros en premios para os participantes no concurso de filloas, orellas e disfraces do Entroido.