Preto de 150 persoas participan na terceira andaina reivindicativa da Plataforma de Afectados pola A-57

Pontevedra
02 de xuño 2024

Guidaos polo divulgador ambiental Antón Lois, de Amigas da Terra, completaron un percorrido pola senda fluvial do río Lérez

Andaina reivindicativa da Plataforma de Afectados pola A-57
Andaina reivindicativa da Plataforma de Afectados pola A-57 / Plataforma de Afectados por la A-57

Ao redor de 150 persoas déronse cita esta fin de semana na terceira das andainas reivindicativas organizadad pola Plataforma de Afectados pola autovía A-57.

Guidaos polo divulgador ambiental Antón Lois, de Amigas da Terra, os participantes completaron un percorrido pola senda fluvial do río Lérez.

O obxectivo da xornada era poñer en valor a riqueza natural do Lérez, como espazo ameazado pola construción da autovía.

Tamén se quixo destacar a biodiversidade da zona, mencionando calidades medicinais das plantas presentes na zona que atravesaría a vía.

A plataforma quéixase de que a construción da A-57 entre as parroquias de Bora e Xeve podería supoñer a chegada de verteduras ao río durante as obras, e tamén na fase de explotación da vía, xa que o paso dos vehículos desprendería micropartículas de plástico ao leito nas épocas de choiva, restos que acabarían na ría de Pontevedra.