Presentan un obradoiro de papel artesanal feito a man, coa pasta de celulosa de ENCE

Pontevedra
06 de outubro 2017

O obxectivo final é a aprendizaxe, por parte dos alumnos de primeiro de bacharelato, das técnicas para o desenvolvemento das follas de papel artesanal con pasta de eucalipto de Ence e, así mesmo, a obtención de recursos didácticos que poidan utilizar o longo da súa formación

Eulogio Rosales e Antonio Casal
Eulogio Rosales e Antonio Casal / Ence

Este venres tivo lugar no colexio San Narciso de Marín o acto de presentación do obradoiro de papel artesanal feito a man, coa pasta de celulosa de Ence", co obxectivo final da aprendizaxe, por parte dos alumnos de primeiro de bacharelato, das técnicas para o desenvolvemento das follas de papel artesanal con pasta de eucalipto de Ence e, así mesmo, a obtención de recursos didácticos que poidan utilizar ao longo da súa formación.

O obradoiro cuxo desenvolvemento foi financiado por Ence cunha achega de 12.500 euros do seu Plan Social, conta con todo o material necesario para que máis de cincocentos alumnos de diversos colexios de Marín, Pontevedra e Poio poidan elaborar papel artesanal coas fibras celulósicas obtidas da pasta de eucalipto.

Durante o acto de presentación, Eulogio Rosales, a persoa que se encargou de impulsar o proxecto explicou que o obxectivo é recuperar os oficios artesanais.

"Este proxecto ten un significado moi especial para nós, xa que os procesos que se están facendo aquí son os que facemos nós cos clientes" declarou Antonio Casal, director territorial de ENCE Pontevedra correspondido con os organizadores, de poder seguir colaborando no proxecto durante moitos anos mais.

Os alumnos do colexio San Narciso de Marín foron os encargados de dar comezo o proxecto e o resto de colexios participantes, entre os que se encontran o colexio Illa de Tambo ou o Mestre Landín, terán unha cita todos os luns das seguintes oito semanas nas mesmas instalacións do Colexio San Narciso.