Presentan no Concello de Poio unha proposta para recuperar e poñer en valor o Castro da Sividá

Poio
14 de xaneiro 2017

A Asociación Veciñal, Cultural e Recreativa Combarro solicita do Concello de Poio a intervención sobre este ben patrimonial "cun programa no que pode colaborar a Deputación de Pontevedra e a Xunta"

Soportais de Combarro
Soportais de Combarro / Juan Mejuto

A Asociación Veciñal, Cultural e Recreativa Combarro vai a presentar no Concello de Poio unha proposta para recuperar e poñer en valor o Castro da Sividá.

Poio conta cun único complexo castrexo galaico-romano, catalogado como tal pola Xunta de Galicia no 1980 e recollido no vixente PXOM, o Castro da Sividá, sito entre as parroquias de Combarro e San Xoán, pertencendo a ésta ultima. Ocupa unha superficie de 1,2 hectáreas aproximadamente, en fincas de propiedade particular e a súa situación, din desde este colectivo, é de "total desprotección".

Esta asociación solicita do Concello de Poio a intervención sobre este ben patrimonial "cun programa no que pode colaborar a Deputación de Pontevedra e a Xunta".

Propoñen que, partindo deste enclave, se inicie unha senda pasando pola capela da Renda "donde sería necesario actuar para extraer do muro circundante elementos que perteneceron a sarcófagos medievais que desgraciadamente forman parte do mesmo como se de mampostería se tratase, e sinalizar axeitadamente cun panel informativo".

De seguido continuariase coa adecuación dunha senda de 700 metros paralela o regato do Esperón ata a Sela, prácticamente na estrada PO-308, rematando diante de dous muíños, propondo integrar un deles, e enlazando a través da praia do Padrón co centro histórico de Combarro.

"Esta intervención sería un complemento moi importante no conxunto da oferta turística e cultural do Concello e na valorización do noso patrimonio", xustifica este colectivo.

Arquivado en