Preocupación polo incremento de accidentes de tráfico en Sanxenxo

Sanxenxo
20 de decembro 2024

Os sinistros viarios aumentaron no que vai de ano un 5% respecto dos rexistrados durante 2023, segundo datos da Policía Local

Patrulla da Policía Local de Sanxenxo
Patrulla da Policía Local de Sanxenxo / Concello de Sanxenxo

Os sinistros viarios aumentaron este ano un 5% en Sanxenxo con respecto a 2023.

Son datos recolleitos das intervencións da Policía Local e que manteñen unha certa preocupación nos dirixentes municipais.

En concreto a Policía Local interviu no que vai de ano en 281 accidentes, a maioría deles de pouca gravidade.

O balance tamén arroxa 28 atestados penais por conducir baixo os efectos do alcol ou drogas, por condución temeraria, por agresións ou ameazas.

Neste contexto cobra especial importancia as campañas e controis preventivos (12) realizados ao longo do ano e en períodos concretos.

En canto ás denuncias de tráfico a Policía Local tramitou 4.844, unha cifra lixeiramente superior á rexistrada no pasado ano (4.606).

Ademais foron 81 as denuncias administrativas por incumprir a Lei de Seguridade Cidadá por casos como desacato á autoridade, agresión, violencia ou alteración da orde pública.

A presenza de animais na calzada, vivos ou mortos, tamén requiriu a presenza policial até en 52 ocasións e as avarías ou anomalías na vía pública, 198 veces.