Preocupación en Marcón polas escorrentías das obras da A-57

Pontevedra
19 de setembro 2016

A Asociación de vecinos San Miguel de Marcón ven de solicitar unha entrevista co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, co obxectivo de conseguir as melloras que necesita a parroquia "e que se van demorando no paso do tempo"

Inicio da obra da autovía A-57
Inicio da obra da autovía A-57

A Asociación de vecinos San Miguel de Marcón ven de solicitar unha entrevista co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, co obxectivo de conseguir as melloras que necesita a parroquia "e que se van demorando no paso do tempo".

Entre outras, os vecinos queren que o goberno local solucione as escorrentías das aguas pluviais procedentes do polígono industrial do Campiño e agora incrementadas polas obras na A-57, "que están perjudicando os vecinos da Ermida e que coa chegada do inverno van seguir vendo os problemas incrementados", apuntan.

Ademáis reclaman o arranxo e limpeza de fontes e lavadoiros nos lugares da Ermida, Pintos, Peralba e Valadares. 

Tamén hai dúas pontes que necesitan arranxos como na Peralba e no Albeiro.

"Estamos seguros que nos quedan atrás algunhas fontes que, tamén necesitan axuda. Moitas síguense utilizando e outras termínanse perdendo por desidia, abandono ou cambios nas infraestruturas. Lembramos con que interés traballaba Celia Alonso cando estaba a cargo no concello en Medio Ambiente Natural", din dende a Asociación de vecinos San Miguel de Marcón.

E engaden que "estes elementos cheos de vida, forman parte do noso patrimonio cultural e resulta penoso perdelos cando foron noutro tempo símbolo dun xeito de vida rural casi perdida".

Arquivado en