A Fundación Provincial Banco de Alimentos necesita para Pontevedra e para as comarcas máis próximas ao redor de 500 persoas voluntarias para que se poida levar a cabo a Gran Recollida Solidaria prevista para os próximos 25 e 26 de novembro.
Para facerse voluntario do Banco de Alimentos, a persoa interesada ten que cubrir un formulario colgado na web (http://www.bancoalimentosvigo.org/hazte-voluntario/) ou tamén pode chamar aos teléfonos: 986 865301 - 629 222690.
A ONG conta cun equipo de coordinación de voluntariado que se encargará de asignar un centro a cada persoa que queira colaborar nesta iniciativa. Na actualidade, o almacén do Banco de Alimentos en Pontevedra, que conta cun almacen na rúa de Faustino Santalices, reparte comida entre máis dunha trintena de colectivos sociais e Ong, de forma que axuda a ao redor de 4.000 persoas con dificultades económicas.
Na campaña deste ano está previsto que colaboren 40 hipermercados e supermercados de Pontevedra cidade, ademais doutros das comarcas do Salnés e Deza. O obxectivo é superar a cifra de 80.000 quilos de alimentos recolleitos durante a recollida de 2015.