Residentes da Parda alertaban nas últimas horas da caída de cristais sobre a beirarrúa na contorna do edificio que fai esquina na rotonda entre a Rúa Lagares e a avenida Virxinia Pereira.
Axentes da Policía Nacional desprazábanse ata a zona para dar parte da incidencia e precintar parte da beirarrúa ante o temor de que se poidan rexistrar novos desprendementos.
Os cristais procedían dunha das vivendas do edificio que presenta un balcón acristalado, segundo testemuñas presenciais.
Non se rexistraron danos persoais.