A partir desde este xoves, 5 de decembro, está aberto o prazo de presentación de candidaturas aos premios Cidade de Pontevedra.
As persoas, asociacións, entidades ou colectivos interesados poderán presentar as súas propostas no Rexistro do Concello até o 5 de xaneiro de 2025.
Como sempre, as propostas deberán levar unha memoria xustificativa que explique os méritos do designado para optar aos nomeados galardóns.
Os Cidade de Pontevedra teñen dúas modalidades, persoa física e persoa xurídica.
O xurado avaliará o labor desenvolvido polos candidatos, sobre todo, ao longo do último ano e a proxección de Pontevedra e dos seus habitantes derivada deste traballo.
Os galardóns serán entregados nun pleno extraordinario de honra que se desenvolverá o 20 de xaneiro, día de San Sebastián patrón da Boa Vila.
A futbolista pontevedresa Teresa Abelleira na categoría de persoa física e Matriuska Producciones na de persoa xurídica foron os últimos galardoados con estes premios.