Por terceiro ano consecutivo, o Concello de Sanxenxo decidiu adiantar o balizamento nas praias de Panadeira, Silgar, Baltar, Canelas e Caneliñas para que estea instalado en Semana Santa.
Segundo a información facilitada polo Concelo, non se colocará a sinalización habitual con corchos xa que non soportaría as condicións do mar, pero si se delimitará cunha liña de boias amarelas a zona de baño.
Ademais, instalaranse e poranse en funcionamento luces LED solares en cada unha das boias. Serán cinco unidades en Panadeira, 25 en Silgar, 18 en Baltar e sete en Caneliñas.
Todas as boias, incluso as instaladas nas canles náuticas e de nado, irán lastradas co seu correspondente morto de formigón, incluíndo a parte proporcional dos elementos de suxeición que sexan necesarios para á súa correcta unión de cada morto coa correspondente boia, así como os contrapesos necesarios para manter a verticalidade das boias.
Para verán si estará o balizamento completo con corchos. Instalarase entre o 1 de maio e o 1 de xuño e debe ser retirado antes do 31 de outubro.
Nese período estará nas praias deAgra, Areas, Panadeira, Silgar, Baltar, Caneliñas, Canelas, Paxariñas, Montalvo, Bascuas, Pragueira, Major, Foxos, Nosa Señora da Lanzada, Areas Gordas, O Espiñeiro e A Lapa.
O Concello continúa mentres tanto coa posta a punto dos areais e coa mellora dos servizos como os accesos e os aseos.