O Partido Popular de Pontevedra presentará no próximo pleno municipal unha moción na que instará o goberno local á "posta en marcha inmediata" do Consello Sectorial de Accesibilidade.
A iniciativa xorde da reunión que mantiveron as concelleiras Pepa Pardo e Silvia Junco coas asociacións Amencer-Aspace, Amizade, AFAPO, ASSEI, CEDDD, Xoán XXIII e XOGA.
O Consello Sectorial de Accesibilidade é un órgano colexiado de participación sectorial, con carácter consultivo e non vinculante, que forma parte da organización complementaria municipal.
O PP presentou unha moción para "dar voz a estes colectivos que nos axudan a asesorar en ámbitos fundamentais para o avance social de Pontevedra como son as melloras en materia de diversidade funcional, inclusión e accesibilidade universal".
A proposta ten o obxectivo de "potenciar a participación das persoas con discapacidade nas políticas municipais de atención, integración social e calidade de vida".
O pleno ordinario do mes de novembro está convocado para o vindeiro luns día 18, ao once da mañá, na Casa Consistorial, estreando así este espazo rehabilitado.