PP e BNG converten a crise de Alfageme nun ring político

O Salnés
11 de outubro 2012

As candidatas do PPdeG e do BNG por Pontevedra ás eleccións autonómicas do 21 de outubro, Marta Rodríguez e Rosa Abuín iniciaron nas últimas horas unha agria polémica a costa da situación de Alfageme.

Reunión das traballadoras de Alfageme con representantes de El Consorcio
Reunión das traballadoras de Alfageme con representantes de El Consorcio / PontevedraViva

As candidatas do PPdeG e do BNG por Pontevedra ás eleccións autonómicas do 21 de outubro, Marta Rodríguez e Rosa Abuín iniciaron nas últimas horas unha agria polémica a costa da situación de Alfageme.

Abuín afirmou que a Xunta pretende desmantelar a conservera, que se atopa nun proceso concursal, e acusou ao conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, de "regalar diñeiro aos bancos", en alusión á execución dos 33 millóns de euros en avais concedidos á empresa en 2008.

Rodríguez asegura que a nacionalista "mente descaradamente" e cualificou de "vergonzoso" o feito de que Abuín "aproveite a súa condición de secretaría de alimentación" de CIG "para meter medo aos 150 traballadoras da empresa Alfageme" coincidindo coa campaña electoral.

"Desconfío que detrás dos recursos presentados polos Lago está Guerra, dígoo así de claro aínda que me metan no cárcere, pero isto non se pode consentir", afirmou Rosa Abuin. Segundo a candidata do BNG, a poxa prevé "lotes" para que os compradores poidan adquirir as naves, a maquinaria e outros bens materiais "a prezos baixos, para facer caixa os especuladores".

Pola súa banda a candidata popular Marta Rodríguez sostén que a Xunta "continúa co proceso de adxudicación das plantas da conservera Alfageme" e agora está examinando un recurso presentado pola familia Lago, propietaria da empresa.