O PP reclama ao Concello que cumpra o seu compromiso para que Magín Froiz forme parte do rueiro urbano

Pontevedra
30 de xaneiro 2025

Mentres o goberno local non materialice este recoñecemento os populares néganse a votar a favor do cambio de denominación de novas vías da cidade

Cambio de Avenida Juan Carlos I a Avenida Virxinia Pereira Renda
Cambio de Avenida Juan Carlos I a Avenida Virxinia Pereira Renda / Mónica Patxot

O grupo municipal do Partido Popular esixiu ao Concello de Pontevedra que cumpra o acordo plenario en relación ao recoñecemento de Magín Froiz co nome dunha rúa.

Mentres o goberno local non materialice este recoñecemento os populares néganse a votar a favor do cambio de denominación de novas vías da cidade.

A proposta fora aprobada por unanimidade no pleno celebrado o 20 de marzo de 2023 pondo todos os grupos políticos en valor a figura e os logros profesionais, sociais e deportivos do empresario pontevedrés.

Naquela sesión plenaria, o BNG comprometeuse a que os criterios de feminización e recuperación de topónimos tradicionais que rexen a elección de nomes para as rúas da cidade non se aplicarían, excepcionalmente, polos méritos que avalaban a Froiz.

O PP comunicou a súa postura na Comisión de Benestar Social, Cultura e Dinamización Sociocultural, celebrada este xoves no Concello de Pontevedra.

Desde o Partido Popular piden á cidadanía que se sume a esta reivindicación e reclame ao Concello "que se faga xustiza con Froiz, por todo o que representa en Pontevedra".