A persistente choiva deste domingo orixinou algunhas consecuencias no municipio, segundo informou o Concello de Pontevedra.
- De madrugada, coa pleamar, pechouse ao tráfico a PO-11 (Autovía de Marín) restablecéndose a circulación ás 5:30 horas.
- Pola forte marea a Policía Local mantivo pechado ao estacionamento na rampla dopeirao de San Roque.
- Rexistrouse a caída dunha árbore sobre o tendido eléctrico en Almuiña, na estrada que conduce cara A Ruibal.
- Tamén caeu unha árbore en Acebedo, Ponche Sampaio, na estrada que sobe a Camboa.
- Pola tarde localizouse un pequeno desprendemento que non afectou o tráfico na Variante de Marín, á altura do viaduto de Almuíña.
- O río dos Gafos desbordou en Tomeza, polo que se cortou o acceso ao río.