Postura unánime contra o protocolo pesqueiro con Mauritania: "Queremos un acuerdo, pero no a cualquier precio"

Marín
13 de setembro 2013

Mariñeiros e armadores afectados polo acordo pesqueiro con Mauritania, o Goberno estatal, a Xunta e eurodeputados do PP, o PSOE e o BNG reuníronse este venres por primeira vez dende que en xullo de 2012 se asinou este protocolo internacional e empezou a postura contraria da frota cefalopodeira. Rosa Quintana valorou que "queremos que siga habendo un acordo pesqueiro con Mauritania porque non nos vale o actual a ningún prezo"

Mariñeiros e armadores afectados polo acordo pesqueiro con Mauritania, o Goberno estatal, a Xunta e eurodeputados do PP, o PSOE e o BNG reuníronse este venres por primeira vez dende que en xullo de 2012 se asinou este protocolo internacional e empezou a postura contraria da frota cefalopodeira. Tras máis dunha hora e media reunidos, todos saíron satisfeitos por manter este primeiro encontro e cunha postura unitaria: loitar durante as tres próximas semanas para que a Comisión Mixta Unión Europea-Mauritania modifique o acordo e convencer os deputados de que o Parlamento Europeo vote en contra dun acordo que, tal e como está formulado, "es un error".

O secretario xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio, Carlos Domínguez, presidiu a reunión xunto á conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, e a alcaldesa de Marín, María Ramallo. Resumiu a reunión "muy productiva" explicando que "trazamos una hoja de ruta en primer lugar para modificar y negociar el acuerdo y en caso de no conseguirse luchar para que la Unión Europea no lo ratificara y no llegara a entrar en vigor".

Ao respecto, María Ramallo explicou que as dúas citas claves serán o 17 de setembro coa celebración da comisión mixta UE-Mauritania e o 9 de outubro co próximo pleno do Parlamento Europeo. Na reunión deste venres en Marín acordouse a necesidade de "insistir en que pagar por un acuerdo que no beneficia es un claro error" y "convencer de que ese acuerdo es malo para Marín, es malo para Galicia, pero es es malo también para la Unión Europea".

O presidente da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo, Gabriel Mato, sentenciou que "es un acuerdo malo para la flota. No porque lo diga yo, sino porque lo dice la propia flota" e valorou que "no tiene ningún tipo de justificación que se paguen 70 millones de euros más la aportación de los propios pescadores a un acuerdo que tiene esta utilización" tan restritiva para a frota española.

Mato considera que "tenemos la oportunidad de intentar convencer a Mauritania y también a la Comisión de que este acuerdo no sirve" e se mostrou contrario ao acordo actual porque "nos parece absolutamente inaceptable que se deje fuera de este protocolo a la flota cefalopodeira y además que se pague la cantidade que se paga por ello".

"Tenemos la oportunidad de intentar convencer a Mauritania y también a la Comisión de que este acuerdo no sirve"

Segundo asegurou, xa trasmitió á comisaria de Pesca da Unión Europea, María Damanaki, que "tenían que hacer todo lo posible por modificar este acuerdo porque sino se iban a encontrar con el no del Parlamento". E asegurou que se non hai modificación no acordo durante a reunión do 17 en Mauritania "vamos a hacer todo lo que esté en nuestra mano para convencer uno a uno a cada diputado para que el próximo mes de octubre den un no rotundo a un protocolo que es malo".

"Queremos un acuerdo con Mauritania, creemos que es bueno un acuerdo con Mauritania, lo necesita nuestra flota, pero no a cualquier precio y esto es un precio completamente inasumible", sentenciou e amosouse convencido de que "vamos a ser capaces de convencer a todos los diputados de que este acuerdo es malo. El Parlamento Europeo no puede aceptar que se siga pagando esa cantidad a cambio de nada".

O responsable de CIG-Mar, Xabier Aboi, deu unha visión positiva da reunión porque "por primeira vez escoitaron a todo o mundo sobre que pensaba desta situación" e decidiu dar un voto de confianza ás xestións que se están a facer dende o Goberno central para tombar o acordo actual e conseguir unhas condicións máis vantaxosas no novo que se negocie. "Imos dar ese espazo de duda", asegurou, pero tamén advertiu que se non se modifica o protocolo "imos dar a batalla".

Aboi insistiu na "barbaridade que significa pagar 73 millóns máis 40 que pagarían os armadores por un acordo que non está usando nadie" e indicou que os dous barcos de capital galego e bandeira protuguesa que foron nas últimas semanas a Mauritania "xa están de volta no muelle de Ribeira, arruinadas as empresas".

A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, manifestouse nesta mesma liña, deu unha nota "moi alta" ao resultado do encontro e sinalou que "queremos que siga habendo un acordo pesqueiro con Mauritania porque non nos vale o actual a ningún prezo".

Arquivado en