A Ruta da Pedra e da Auga, entre Ribadumia e Meis, está a ser obxecto dunha completa posta a punto. O Concello de Meis leva días realizando obras de mellora que rematarán coas desfeitas e danos que presentan algúns tramos deste roteiro.
Segundo a información facilitada polo Concello de Meis, estas obras inclúen a restauración de mesas e cambio de localización das mesmas, o que permite un mellor goce desta zona de lecer.
Ademais, procederase á instalación de farois novos e o cambio do valado de madeira.
Desde o Concello sinalan que esta mellora da Ruta da Pedra e da Auga é un compromiso do goberno de Meis que se está a cumprir grazas ao Ministerio de Industria, Turismo e Comercio a través dos fondos de Recuperación, Transformación e Resiliencia e a Mancomunidade do Salnés, que solicitou estes fondos.