Operarios do Concello de Ponte Caldelas procederon á limpeza e posta en valor do ámbito comprendido pola Área Arqueolóxica de Tourón ao tempo que reparaban diverso mobiliario urbano existente na zona. Tamén se procedeu restablecer a subministración de auga e a revisar as canalizacións existentes.
A Área Arqueolóxica de Tourón conta cunha aula de interpretación permanente atendida por unha técnica municipal que facilita a visita guiada a todo o conxunto rupestre.
Para concertar visitas o Concello de ponte Caldelas habilitou o teléfono móbil 671 58 58 51.
Ademais de visitas individuais á Área Arquelógica de Tourón tamén se desenvolven iniciativas de promoción e divulgación da arte rupestre entre a colectividade escolar. Así, en datas recentes alumnos do Colexio de Noalla (Sanxenxo) e do Instituto de Moaña percorreron as principais localizacións onde se sitúan auténticas xoias da arte rupestre galega.
VISITA DE GRAN CANARIA
Este lunes alumnos de 6º de Primaria do Colexio Piragüilla de Gran Canaria, en viaxe de fin de curso por Galicia, aproveitaron a súa estanza na Comunidade Autónoma para visitar tamén a Área Arqueolóxica de Tourón a pesar de que a chuvia e a intensa néboa impediron un axeitado desfrute do recinto rupestre.