Dous anos leva xa Portos de Galicia coa tramitación do proxecto de dragaxe do acceso ao peirao das Corbaceiras.
Logo deste tempo o ente público informou ao Clube Naval de Pontevedra nunha reunión con este colectivo na sede do organismo portuario da "complexidade técnica ambiental e económica da dragaxe proxectada", e que é unha das actuacións ambientais "de maior magnitude das que se propoñen nos peiraos autonómicos".
Así mesmo deuse conta de que se trata dun proxecto que atinxe a diferentes departamentos da Xunta e incluso a diversas administracións públicas, "coas precaucións engadidas que este feito require ".
"A magnitude da dragaxe que se proxecta obriga polo tanto a desenvolver unha tramitación previa que pode prolongarse no tempo", comunicaron.
Actualmente tras solicitarse a calificación ambiental do proxecto á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Portos de Galicia está a cumplir actualmente cos trámites impostos por dito departamento autonómico, que requeriu informe de avaliación ambiental.