Portonovo miaña coa Festa do Jato

Sanxenxo
17 de febreiro 2018

Esta celebración na vila mariñeira xa se está a converter nunha cita obrigada nestas datas de entroido no municipio de Sanxenxo. Ademais de disfrazarse de gatos, os asistentes poden gozar de diversas actividades

Festa do Jato, en Portonovo
Festa do Jato, en Portonovo / Concello de Sanxenxo

A Festa do Jato naceu a principios desta década como unha celebración entre amigos e co paso dos anos, este evento vai contando cada vez con máis seguidores e máis actividades. Diferentes locais de Portonovo implícanse en organizar iniciativas como unha carreira popular perseguindo a unha persoa disfrazada de gato.

Os asistentes disfrázanse de "Jatos", que é como popularmente se coñece aos residentes en Portonovo. Desta forma, con bigotes e uñas afiladas, quen asiste á festa percorre os diferentes locais de copas.

Esta cita converteuse nun acto máis de relevancia dentro das festas de Entroido de Sanxenxo, que este domingo chega ao seu día grande coa celebración do Desfile Concurso Infantil de Disfraces durante a mañá. Partirá ás 12.00 horas da avenida Luis Rocafort e rematará na Praza dos Barcos.

Durante a tarde vai desenvolverse o Gran desfile de Entroido de Sanxenxo que fai un percorrido desde o centro da vila turística ata Portonovo. Os participantes atravesarán o paseo de Silgar, Punta Vicaño, a PO-308 e Rafael Picó.

Xa o luns 19 van pecharse estas festas coa tradicional celebración do Enterro da Sardiña.

Arquivado en