Portas adquire unha varredoira con fondos provinciais

Umia
17 de febreiro 2025
Actualizado: 13:25

O presidente da Deputación, Luis López acompañado polo alcalde e deputado Ricardo Martínez, adianta a concesión de ata un millón de euros ao Concello a través dos plans provinciais

Entrega da minivarredoira ao Concello de Portas
Entrega da minivarredoira ao Concello de Portas /

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado polo alcalde de Portas e deputado Ricardo Martínez, comprobou o funcionamento da minivarredoira que ven de adquirir este Concello a través da achega de máis de 82.000 euros dos fondos do +Provincia.

Nesta nunha visita institucional Luis López adiantou a posta a disposición do Concello por parte da Deputación para este ano 2025 dun máximo de un millón de euros.

"A colaboración da Deputacion e a boa elección de proxectos por parte dos Concellos fan que deamos pasos adiante e poñamos mediadas para combater o reto demográfico", afirmou o presidente López.

A través da Liña 1 do Plan +Provincia do ano 2024, a Deputación concedeu ao Concello de Portas unha subvención de preto de 82.000 euros para a adquisición dunha minicargadora e varredoira industrial.

Trátase dunha ferramenta versátil que permitirá mellorar o sistema de limpeza tanto en zonas urbanas como rurais.

Visita do presidente da Deputación a Portas
Visita do presidente da Deputación a Portas

O pasado ano a Deputación achegou ao Concello de Portas case 800.000 euros ao abeiro de diversos plans provinciais que permitiron levar a cabo actuacións como a mellora da eficiencia enerxética na antiga Casa Consistorial ou o saneamento en Outeiro.

E, para este ano 2025, o apoio da Deputación increméntase: "Este ano damos pasos cara adiante, Portas terá a opción de acceder a case un millón de euros", anunciou o presidente para especificar a continuación os fondos que lle corresponden ao Concello.

A través do +Provincia recibirá 444.900 euros, do segundo Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, 92.800; e do Plan Extra, ata 500.000 euros.