Máis de 300 voluntarios participaron na xa tradicional xornada de reforestación do festival PortAmérica.
Trátase dunha iniciativa enmarcada no proxecto 'Unha Entrada, Unha Árbore'.
Nesta ocasión celebrouse o pasado sábado 26 de xaneiro no monte de Vilavedra, en Romai.
Organizada por Esmerarte Industrias Creativas, o Concello de Portas e Distrito Forestal XIX, a xornada supón un paso máis dentro do compromiso de sustentabilidade do evento musical.
En concreto plantáronse até 13 especies de áboles autóctonos.
Foro exemplares de carballos, loureiros, abeleiras, castiñeiros, bidueiros, aciñeiras, alcornoques, madroños, cerdeiras, arces, fresnos, nogueiras e saucos.
Esta reforestación, que permitirá compensar as emisións de CO2 xeradas na anterior edición do festival en 2024, transformou 1,1 hectáreas de terreo pedregoso, previamente acondicionado para a plantación, nun bosque comunal.
A iniciativa "Unha Entrada, Unha Árbore" leva realizándose desde o ano 2017, e por ela pasaron xa miles de participantes.