A asociación Boa Vida puxo en marcha unha nova campaña, 'Nadal é Boa Vida', co obxectivo de colaborar coas familias pontevedresas en risco de exclusión social durante estas festas. Ante o bo resultado que está a ter a súa tenda solidaria situada no número 16 da rúa Cruz Vermella, a asociación abrirá a partir do próximo xoves 15 de febreiro un novo establecemento de venta de xoguetes de segunda man que se venderán a prezos de entre 1 e 15 euros.
A nova tenda estará situada no número 12 da rúa Cruz Vermella e, ademais, durante a campaña os dous locais amplían os seus horarios atendendo tamén os sábados de decembro entre as10.00 e as 13.30 horas.
Esta campaña parte da base de que entre ir a un ropeiro parroquial a pedir un abrigo ou pedir xoguetes e ir a unha tenda a compralos hai unha gran diferenza, pois "o xeito no que as familias afrontan o duro proceso de pedir axuda é menos traumático". Con esta premisa, a tenda solidaria que a asociación creou hai tres anos pretende "que o Nadal poida chegar a tódolos fogares".
O obxectivo deste rastro solidario é dobre. Por un lado, recaudar fondos para o colectivo, integrado por pontevedreses que atravesan unha situación económica complicada e, por outro, unha ferramenta para formar e dar unha ocupación a persoas en situación de dificultade social e darlles unha oportunidade. Ademais, dálle saída a roupa, calzado, bisutería, libros ou xoguetes de persoas que xa non os necesitan e a prezos moi baixos.
Coa intención de incorporar a novos bolseiros, coa campaña 'Nadal é Boa Vida ' a asociación pretende recoller 3.500 kilos de roupa e calzado durante este mes e vender na tenda 6.000 euros, dos que polo momento xa levan 1.500 quilos de roupa e 1.395 euros recaudados.
Como novidade, Boa Vida pide os pontevedreses que incorporen a súa carta dos Reis Magos as peticións da asociación, que poderán encontrar nas redes sociais, coa esperanza de que "non haxa ningunha nai ou pai que non poida levar a alegría de ver aos seus fillos entusiasmados a mañana de Nadal abrindo os seus agasallos" e, en definitiva, "que este ano, o Nadal poida chegar a todos os fogares".