Segundo os datos facilitados pola Consellería do Medio Rural, ás 19,30 horas deste mércores ningún lume está activo na comunidade galega, 37 están controlados dentro dos incendios forestais de máis de 20 hectáreas queimadas.
Xa foron extinguidos os de Saiar (Caldas de Reis) e Armenteira (Meis). Os últimos da comarca en facelo foron os de Borela e Augasantas, ambos en Cerdedo-Cotobade, durante esta mesma tarde.
Galicia rexistra na tarde deste mércores 37 incendios forestais de máis de 20 hectáreas queimadas.
Na provincia de Pontevedra están controlados os lumes de Budiño (Salceda de Caselas), Traspielas (Fornelos de Montes), Parada (Nigrán), Pesqueiras (Salvaterra de Miño), Morgadáns (Gondomar), Guillade, Padróns e Guláns (Ponteareas), Ríofrio (Mondariz), As Neves, Petelos (Mos), Baíña (Baiona) e A Guarda.