PontevedraViva, principal referencia informativa durante o 14-N en Pontevedra

Pontevedra
14 de novembro 2012

Despois do gran esforzo da cobertura en vivo da noite electoral do 21-O, PontevedraViva converteurse de novo na principal referencia informativa á hora de informar sobre outra data marcada en vermello no calendario, a folga xeral do 14-N

Cabeceira da manifestación do 14-N en Pontevedra
Cabeceira da manifestación do 14-N en Pontevedra /

PontevedraViva suma un novo fito á súa curta traxectoria. Despois do gran esforzo da cobertura en vivo da noite electoral do 21-O, PontevedraViva converteurse de novo na principal referencia informativa á hora de informar sobre outra data marcada en vermello no calendario, a folga xeral do 14-N, convocada por UGT, CCOO e CIG contra as políticas económicas e sociaies do Goberno de Mariano Rajoy.

Desde primeira hora da mañá, PontevedraViva veu informando sobre o devir desta folga xeral, desde a actuación dos piquetes informativos nos principais centros de traballo da comarca, pequenos incidentes que se produciron como as pintadas aparecidas no Museo de Pontevedra, ou os primeiros datos de seguemiento desta protesta, que viron da man do funcionariado público ou dos niveis de consumo de luz e de lixo nas rúas.

Pero foi, sen dúbida, o seguemento da manifestación convocada en Pontevedra o que xerou unha maior expectación. Comentada minuto a minuto polos nosos redactores a través de Twitter, a mobilización, que partiu ás 12:30 horas da Praza da Ferrería, poido ser seguida por esta rede social con todo luxo de detalles. Trátase dunha cobertura sen precedentes na prensa local de Pontevedra.

Trala decisión de só informar sobre a folga xeral durante este 14-N, PontevedraViva narrou en Twitter, cun amplo "feedback" dos nosos seguidores,  todo o que ía sucedendo ao paso da manifestación polas rúas máis céntricas de Pontevedra. O punto de inicio do percorrido, a Praza da Ferrería, presentaba un cheo absoluto, como poucas veces antes en manifestacións recentes. Os sindicatos falaban xa desde o principio de "éxito de convocatoria".

Tamén houbo tempo para ir comentando algunhas das imaxes que ía deixando tras de si esta masiva manifestación polas rúas de Pontevedra.

Pero o momento álxido viviuse coa chegada da manifestación á Praza de España, mentras chegaba a parte final da mobilización, escoitáronse con forza algúns dos cánticos máis coreados durante toda a mañá. Numerosos seguidores foron retwitteando as informacións de PontevedraViva.

Pero ao final, sen tiempo para que chegara toda a xente que participou na manifestación de Pontevedra, comezaban os discursos e as valoracións sindicais.

E ao final, tan só quedaba facer un cálculo de asistentes, algo no que, como é tradición, non coinciden nin uns nin outros. Os sindicatos convocantes falan dunha participación de 40.000 persoas en Pontevedra, mentras que outras voces policiais rebáixano a unhas 12.000. Sexa como sexa, o certo é que, segundo a Policía Local, que non da cifras de manifestantes, o tráfico reduciuse de forma máis que considerable durante toda a mañá.

Arquivado en