Volve a marcha solidaria nocturna polo Camiño de Santiago Portugués que une Pontevedra e Santiago de Compostela.
A Asociación de Amigos da Pontevedrada (Asampo) abriu o prazo de inscrición para a décimo quinta edición da Pontevedrada.
O evento, que se celebrará o sábado 26 de abril, ten como obxectivo concienciar á sociedade sobre a importancia da doazón de sangue, órganos e tecidos.
A saída está prevista para as 20:00 horas desde a Alameda de Montero Ríos.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse a través do correo electrónico pontevedrada@gmail.com, a través do Whatsapp 602526978 ou vía a través da páxina web da asociación.
Para formalizar a incripción é necesario facilitar o nome, apelidos, DNI, data de nacemento, localidade de residencia, teléfono e dirección de correo electrónico.
A participación na Pontevedrada custará 10 euros por persoa, que se abonarán ao retirar o dorsal.
A recadación íntegra destinarase a Asampo para cubrir os gastos de organización do evento.
As persoas que se inscriban antes do 31 de marzo terán o seu nome completo no dorsal, mentres que aqueles que se inscriban despois desa data só terán a inicial do seu nome.
O prazo de inscrición finaliza o 15 de abril ás 22:00 horas.