Pontevedra volve ser a cidade dos nenos

Pontevedra
26 de abril 2020

Despois de 43 días pechados na casa os nenos saíron a pasear este domingo. Segundo se puido apreciar, a cidadanía pontevedresa respecta escrupulosamente as indicacións dadas polas autoridades sanitarias

Nenos na rúa
Nenos na rúa / Diego Torrado

Despois de 43 días pechados na casa os nenos saíron a pasear este domingo.

Segundo se puido apreciar, a cidadanía pontevedresa respecta escrupulosamente as indicacións dadas polas autoridades sanitarias.

Moitos pais coincidiron en valorar a emoción expresada este domingo polos seus fillos como similar á ilusión do día de Reis. As familias tamén destacaron o necesidade desta medida.

Polas rúas, parques e prazas da cidade comprobouse o cumprimento das pautas marcadas para estas saídas: menores acompañados dun adulto ou unha coidadora, non máis lonxe dun quilómetro da súa casa, con máscara se teñen e mantendo as distancias de seguridade.

Con todo non ocorreu así no resto do Estado. A preguntas dos xornalistas o ministro de Sanidade, Salvador Illa, referiuse ás situacións de risco xeradas por aglomeracións de xente nalgúns lugares de España e asegurou que "se están cumpliendo con carácter general las normas, pero si hiciera falta ajustar algunos criterios, lo haríamos".

Tentando fuxir da polémica xerada por algúns comportamentos irresponsables o ministro engadiu: "estas últimas semanas la ciudadanía española ha dado una muestra de sensatez muy alta, esperamos que continúe".