A Boa Vila, ademais de ser escenario de gravación de numerosas series, tamén se converteu en alfombra vermella para a celebración de 'premieres'.
Foi coa presentación e proxección do primeiro capítulo de Punto Nemo,a nova serie de ciencia ficción que Amazon Prime xa estreou.
O acto, celebrado no Museo de Pontevedra, contou coas intervencións de Mamen Quintás e Julio Casal, produtores da serie; Denis Rovira, director; Maxi Iglesias, actor; Ricardo Carbonero, director de Prime Vídeo España e Portugal; Luís López, presidente da Deputación, e José López Campos, conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude.
Entre os presentes tamén estiveron Alfondo Rueda, presidente da Xunta de Galicia; Rafa Domínguez, vicepresidente da Deputación, e parte do elenco de Punto Nemo.
O seis episodios da serie, que xa poden verse a través de Amazon Prime, rodáronse en diversas localizacións de Galicia e Portugal, entre elas a batería militar do Grove e en espectaculares paraxes naturais da illa de Madeira.
Óscar Jaenada (Awareness), Maxi Iglesias (Valeria), Alba Flores (La casa de papel), Eric Masip (A través de mi ventana), Margarida Corceiro (Morangos com Açúcar) y Najwa Nimri (Sagrada familia) protagonizan a serie, escrita por Daniel Martín Sáez de Parayuelo e Daniel Benmayor.
Completan a repartición Sara Matos (Sangue Oculto), Michelle Calvó (Entrevías), María Isabel Díaz (Vis a Vis), Nüll García (Malegro verte), Miguel de Lira (Matadero), Felipe Pirazán (Tratamos demasiado bien a las mujeres) y Leander Vyvey (Before we die).
Nesta xornada de estrea, tamén o alumnado da Facultade de Comunicación puido coñecer de primeira man os contidos da serie, o proceso de rodaxe e charlar cos integrantes despois de visionar o primeiro capítulo.
Esta presentación dá continuidade ás Xornadas Profesionais nas que durante estes días estivo participando o estudiantado de Comunicación.

Presentación da serie 'Punto Nemo' no Museo de Pontevedra