O concello de Pontevedra ten unha taxa de paro do 26,1% segundo a Enquisa de Poboación Activa (EPA) que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística. Contrasta este dato co do primer trimestre que foi do 24,5 %.
Se se comparan os datos dos sete grandes municipios galegos, de novo Pontevedra é ao que corresponde a maior taxa de paro, mentres que Ferrol, cun 35%, é concello que presenta a menor taxa de ocupación.
Santiago e Lugo son os que presentan as maiores taxas de ocupación (54,9% e 51,3%, respectivamente).
Os datos da EPA do segundo trimestre melloran a cifra coa que Pontevedra pechou 2014 que situaba no 28,7% a taxa de paro, pero empeora respecto ao dato do 2013 no que a taxa foi do 25,2%.
Na provincia a taxa de paro é do 24,56%.
GALICIA
O paro baixou en 23.200 persoas en Galicia no segundo trimestre do ano respecto ao trimestre anterior, un 8,43%, por enriba da media, mentres que o número de ocupados subiu neste período en 22.400, un 2,27%, segundo a EPA.
A poboación activa neste segundo trimestre caeu en 900 persoas en Galicia, ata 1.262.400 (-0,07%), o que significa que a comunidade conta con 13.500 activos menos que hai un ano (-1,06%).
ESPAÑA
No conxunto do Estado, o desemprego diminuíu en 295.600 persoas no segundo trimestre do ano respecto ao primeiro, un 5,4%, e rexistrou así o seu segundo maior descenso nun segundo trimestre dende polo menos 2008.