Dez cidades españolas sumáronse xa a unha iniciativa solidaria que busca recadar fondos en beneficio das familias refuxiadas pola guerra en Ucraína. Unha delas é Pontevedra.
Na 'Carrera por Ucrania', cada unha destas localidades celebrará unha carreira popular de dez quilómetros. O diñeiro das inscricións, dez euros os adultos e cinco euros os menores, destinarase integramente á axuda aos refuxiados ucraínos.
A carreira celebrarase o sábado 1 de outubro, ás seis da tarde. Ademais de Pontevedra, será en Madrid, Logroño, Teruel, Badaxoz, Getxo, Guadalaxara, Murcia, Albacete e Pamplona.
O prazo de inscrición está aberto ata o próximo 27 de setembro.
Trátase dunha iniciativa que impulsan de maneira conxunta as entidades sociais Acció Familiar Barcelona, Coopera ONG, ONG Rescate, Cooperación Internacional, Actúa, Fundación Dasyc, Donadoo, Fundación Montblanc e Coopera Euskadi.
Ademais da colaboración das cidades implicadas, esta 'Carrera por Ucrania' conta co apoio da embaixada de Ucraína en España.