Pontevedra suma o seu terceiro mes consecutivo de subida do paro

Pontevedra
02 de decembro 2016

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) subiu en novembro na cidade de Pontevedra ata alcanzar as 6.708 persoas. En total son 84 desempregados máis que o mes anterior, de modo que a cidade do Lérez suma o seu terceiro mes consecutivo de subida do paro

Dos persoas traballando
Dos persoas traballando / Mónica Patxot

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) subiu en novembro na cidade de Pontevedra ata alcanzar as 6.708 persoas.

En total son 84 desempregados máis que o mes anterior, de modo que a cidade do Lérez suma o seu terceiro mes consecutivo de subida do paro.

   Outubro 2016   Novembro 2016     Variación   
Pontevedra6.6246.70884
Barro3533563
Bueu84387532
Caldas de Reis83787033
Cambados1.1241.16137
Campo Lameiro161160-1
Cerdedo-Cotobade-421-
Cuntis34637428
O Grove9491.03586
A Illa de Arousa3233329
A Lama1971981
Marín1.9001.97878
Meaño42746942
Meis40041010
Moraña405398-7
Poio1.2421.27129
Ponte Caldelas57660630
Portas2242317
Ribadumia36535669
Sanxenxo1.2451.390145
Vilaboa45847113
Vilagarcía de Arousa3.7403.867127
Vilanova de Arousa      83487034

 

AUMENTA NAS CATRO PROVINCIAS 

O paro tamén aumentou na provincia de Pontevedra, en concreto 1.127 persoas máis ou que supón un incremento do 1,41%. 

Con todo, a provincia de Pontevedra acumula unha diminución en variación anual de 8.301 parados menos que 12 meses atrás.

Os parados aumentaron nas catro galegas, sobre todo na Coruña (+1.689 e un 2,18% máis), en Lugo e Ourense, o repunte case alcanzou o milleiro de desempregados. 

GALICIA

O número de desempregados rexistrados nos servizos públicos de emprego aumentou en novembro en 4.614 persoas en Galicia respecto ao mes anterior, un 2,32 por cento, o que situou a cifra total de parados en 203.554.

Na comparativa co mesmo mes dun ano antes, o desemprego rexistrou unha baixada contabilizada en 21.604 persoas, un 9,60%, segundo os datos publicados hoxe polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

O desemprego creceu en novembro en todos os sectores en Galicia. O maior destes repuntes mensuais deuse nos servizos, con 3.443 persoas máis sen traballo, de forma que o total ascende a 133.333. Na industria, as persoas en paro subiron en 391, ata 24.164; na construción en 311, ata 21.515 e na agricultura en 299, ata 7.790. 

ESPAÑA

Pola súa banda en España o desemprego aumentou en novembro en 24.841 persoas respecto ao mes anterior, o que situou a cifra total de parados en 3.789.823 e marcou o maior incremento nese mes desde 2012.

Arquivado en