Pontevedra solidarízase coas vítimas e numerosos veciños achéganse ao Hospital para doar sangue

Pontevedra
25 de xullo 2013

Numerosos pontevedreses, impactados pola traxedia do accidente ferroviario en Santiago, achegáronse ao longo da noite ata o Hospital provincial para doar sangue

Decenas de veciños de Pontevedra, ante o impacto pola traxedia do accidente ferroviario en Santiago de Compostela, decidiron achegarse ata o Hospital provincial e doar sangue que poida axudar ás máis de 140 persoas que resultaron feridas no descarrilamento do tren.

As principais necesidades de sangue céntranse nas do grupo '0 negativo' e 'A negativo'.

Para a atención a familiares e daquelas persoas que crean que poden ter algunha persoa próxima que viaxase no tren que cubría a ruta entre Madrid e Ferrol, a Delegación do Goberno remitiu a que se acheguen ao Edificio Cersia, situado en San Lázaro en Santiago de Compostela, onde recibirán unha atención individualizada. Tamén se recomenda a chamada ao teléfono 112.

Pola súa banda, Renfe habilitou o teléfono de atención 900 101 660 e o 900 444 222 para informar os afectados polo accidente.