Pontevedra solicita de xeito formal a cesión dun tramo da N-540 para axilizar a creación da variante de Alba

Pontevedra
26 de setembro 2024

O trazado que pasaría a ser administrado polo Concello de Pontevedra estaría comprendido entre a rotonda de Pasarón e o cruce coa PO-225 na parroquia de Alba

Eva Villaverde, tenente de alcalde
Eva Villaverde, tenente de alcalde / Concello de Pontevedra

A Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra aprobou este xoves a solicitude formal da cesión ao Estado dun tramo da estrada N-540.

O tramo en cuestión comprende o trazado entre a rotonda de Pasarón e o cruce coa PO-225 (en Alba). 

A tenente de alcalde, Eva Vilaverde, compareceu en rolda de prensa para dar conta deste asunto do que dixo "é un tema importante. Queremos facer todo o que está nas nosas mans para axilizar e facilitar a construción da variante de Alba".

Segundo explicou, "este sería o xeito máis doado, ter nós a cesión deste tramo e directamente negociar coa Xunta de Galicia e sacar adiante o proxecto o antes posible".