Pontevedra segue apostando pola igualdade cunha ampla oferta de talleres feministas

Pontevedra
25 de outubro 2024

Este ano serán seis talleres para mozos nos que abordarán temas como a corresponsabilidade, a xestión emocional, o duelo, a creatividade e o empoderamento

Recepción ás responsables da Escola Feminista da Mocidade
Recepción ás responsables da Escola Feminista da Mocidade /

A Escola Feminista da Mocidade volve abrir as súas portas cunha programación cargada de actividades para este curso 2024-2025.

O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e o edil de Xuventude, Demetrio Gómez, recibiron este venres no Concello ás responsables desta iniciativa, Paula Cheshire, Vicky Estévez, Marisa Maquieira, Elisabet Hillerud e Reina D ́Hoore, que presentaron a ampla oferta de actividades programadas.

Este ano serán seis talleres para mozos e mozas de entre 15 e 35 anos, que se van a desenvolver entre os meses de novembro e abril e que abordarán temas como a corresponsabilidade, a xestión emocional, o duelo, a creatividade e o empoderamiento.

Todos requiren incripción previa a través dun formulario, xa activo neste enlace, ou a través da oficina de Xuventude, na súa web ou no teléfono. Todos se celebrarán na Casa Azul.

En canto á temática dos talleres, un deles estará destinado á cociña e á corresponsabilidade neste tipo de tarefas.

Impartirao Marisa Maquieira, quen indicou que aínda que os obradoiros son mixtos e as mulleres serán benvidas, este en concreto fai un chamamento maioritario aos homes maiores de 15 anos. Este curso será os días 14, 21, 28 de novembro e 5 decembro de 18.00 a 21.00 horas.

O 'Teatro das Oprimidas' e a 'Xestión da dor' serán impartidos por Viky Estévez, quen reflexionará sobre as relacións de poder e as opresiones a través do xogo teatral, e acompañará ás persoas nos diferentes tipos de duelo que poden experimentar na vida.

Estévez destacou tamén que entre as iniciativas está o 'Círculo de empatía', un espazo seguro que naceu depués da pandemia e onde as persoas poden falar do que lle importa e pasalo ben xuntas.

'Teatro das Oprimidas' e 'Xestión da dor' celebraranse de 10:00 a 20:00 horas os días 30 de novembro e 15 de marzo, respectivamente, mentres que o 'Círculo de empatía' desenvolverase os días 12 e 26 de novembro; 10 e 17 de decembro; 7 e 21 de xaneiro; 4 e 18 de febreiro; 4 e 18 de marzo, e 1 e 15 abril de 19.00 a 21.00 horas.

Reina D'Hoore será a responsable do taller 'Xestión emocional a través da experiencia artística'. Durante a presentación indicou que grazas á expresión artística facilitará abordar temas dos que a xente non fala ou están interiorizados. Será os días 1, 8, 15 e de febreiro de 10:00 a 14:00 horas.

Na liña da creatividade como medio de expresión, Elisabet Hilledur será a encargada de dirixir o taller 'Zentangle: empoderamiento artístico a través da arte, a creatividade e a meditación". Hilledur afirmou que con este taller vaise a conseguir un espazo inspirador e empoderador a través da creatividade.

Este curso desenvolverase os días 18 e 25 novembro; 2 e 9 decembro; 13, 20 e 27 de xaneiro, e 3 de febreiro de 17.00 a 19.00 horas.

Finalmente, Paula Chesire, ilustradora do cartel, explicou que coa imaxe que reflectiu pretende facer fincapé no vínculo afectivo, na relación. "Cada un que pense que son parellas, amigos, irmás... aquilo co que sentan máis representadas", sinalou.

Durante a presentación, Demetrio Gómez salientou a necesidade de "seguir traballando para eliminar o machismo e o patriarcado da nosa sociedade. As mulleres lévannos moita vantaxe e temos que aprender moito aínda para que isto mellore", afirmou.