Pontevedra roza os 9.000 desempregados ao crecer o paro en xaneiro en 404 persoas

Pontevedra
04 de febreiro 2014

404 pontevedreses sumáronse ás listas do Servizo Público de Emprego no Concello de Pontevedra, un aumento que sitúa o número de desempregados no municipio en 8.909. ÿ un 4,54% máis que o pasado mes de decembro. En todo caso, os desempregados rexistrados en Pontevedra hai xusto un ano, en xaneiro de 2013, eran 9.320. ÿ dicir, un 4,41% máis que os 8.909 actuais

Actividade laboral do sector servizos en Vilagarcía
Actividade laboral do sector servizos en Vilagarcía /

O paro volveu a subir en xaneiro. 404 pontevedreses sumáronse ás listas do Servizo Público de Emprego no Concello de Pontevedra, un aumento que sitúa o número de desempregados no municipio en 8.909. ÿ un 4,54% máis que o pasado mes de decembro, xa que 2013 pechou con 8.505 demandantes de emprego na cidade.

O aumento do paro en Pontevedra segue a tendencia do resto do país. Débese especialmente ao final da campaña de Nadal nos comercios, por iso é polo que no sector servizos rexístrense 360 novos parados (5.794 en total). A construción suma 6 desempregados máis (1.355), a industria alcanza os 864 ao incorporar a 44 novas persoas. Tan só baixa en agricultura e pesca con tres parados menos (188), o mesmo número no que descende o colectivo sen emprego anterior (708).

Ademais, 4.609 dos demandantes de emprego son mulleres e 4.300 son homes, mentres que 537 teñen menos de 25 anos.

En todo caso, os desempregados rexistrados en Pontevedra hai xusto un ano, en xaneiro de 2013, eran 9.320. ÿ dicir, un 4,41% máis que os 8.909 actuais.

DATOS PROVINCIAIS

No conxunto da provincia, o número de desempregados rexistrados no Servizo Público de Emprego (SEPE) alcanzou os 111.833, isto é, 3.246 máis que as cifras relativas ao mes de decembro. A provincia rematara o ano 2013 con 108.587 parados.

Segundo os datos feitos públicos este martes polo SEPE do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, o sector con máis parados é o servizos, con 66.867. Séguenlle a construción, con 15.030; a industria, con 16.726; e a agricultura, con 4.504 persoas.

Os datos de afiliación á Seguridade Social tamén confirman este incremento do desemprego, pois xaneiro pechou con 306.419 persoas cotizando, 4.348 menos que no mes anterior, isto é, un desceso do 1,40 por cento. Con respeto ao ano anterior, pechou xaneiro con 3.552 afiliados menos que no mesmo período de 2013, isto é, baixou un 1,15 por cento.

Dos 111.833 inscritos nas oficinas de emprego, 7.263 son menores de 25 anos e 104.570 maiores. Por sexos, as mulleres son as que presentan un maior índice de desemplo, con 58.143 ao peche do mes de xaneiro fronte aos 53.690 varóns.

Este incremento do volume total de parados é un comportamento habitual en todo mes de xaneiro que, ademais, se mantén no conxunto do Estado. En España, o paro incrementouse en xaneiro de 113.097 respecto ao mes anterior, situándose en 4.814.435 persoas. Dentro do panorama negativo que reflicte a cifra, foi a menor suba nun mes de xaneiro dende 2007. En Galicia, o número de parados rexistrados incrementouse en 10.014 persoas, o que supón un aumento do 3,69 por cento con respecto a decembro e deixa o total en 281.077 persoas. A comunidade rexistrou unha caída interanual do 3,34 por cento.

En Pontevedra, os datos feitos públicos no mes de xaneiro (relativos ao paro de decembro) xa rexistraran un incremento do desemprego na provincia, en aquel caso, de 248 persoas. Eran un 0,23% máis que o mes anterior e con aquel dato, 2013 pechaba cun descenso anual de 1.879 persoas con respecto ao exercicio anterior, un 1,70% menos.

Arquivado en