Pontevedra roza os 110.000 parados ao subir o desemprego en novembro en máis de 3.000 persoas

Pontevedra
04 de decembro 2012

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego aumentou en 3.388 pontevedreses durante o mes de novembro. ÿ unha suba do 3,18% respecto ao mes anterior e sitúa o total de desempregados na provincia de Pontevedra en 109.911 persoas

Traballadores da construcción nunha obra en Pontevedra
Traballadores da construcción nunha obra en Pontevedra / PontevedraViva

De novo, os datos do paro fan que se esfume todo indicio de recuperación económica. O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego aumentou en 3.388 pontevedreses durante o mes de novembro. ÿ unha suba do 3,18% respecto ao mes anterior e sitúa o total de desempregados na provincia de Pontevedra en 109.911 persoas.

Segundo os datos publicados polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, de novo a actividade que peor comportamento experimentou no mes de novembro foi o sector servizos. Un total de 2.428 persoas apuntáronse ás listas do paro, superando ampliamente os 63.000 desempregados neste sector.

Pero ningún dos outros sectores logrou frear a destrución de emprego. Todos eles con cifras moi similares. Desde os 17.138 parados da industria (214 máis que en outubro), os 16.272 da construción (371 máis), os 3.725 parados da agricultura (176 máis que en outubro), ou os 9.437 parados dos traballadores sen emprego anterior (199 máis).

En canto ao número de contratos formalizados en novembro, continuouse coa tendencia dos últimos meses. Tan só asináronse 20.496 contratos. De todos eles, 18.860, un 92% foron de carácter temporal. O resto, 1.636, o 8% restante foron indefinidos.

A Xunta recoñece que son datos negativos

Tras coñecerse estes datos, a directora xeral de Formación e Colocación da Xunta de Galicia, Ana María Díaz López, asegurou que son "negativos", dado que se produciu un incremento do desemprego. Con todo, recordou que en novembro "sempre se rexistran aumentos do paro en Galicia" e que o aumento do paro rexistrado este mes é inferior "ao rexistrado na media dous últimos catro anos".

Ademais, a responsable desta área autonómica destacou que se conseguiu investir a tendencia da evolución interanual. Este mes o dato interanual galego (+9,12%) é mellor que o do Estado (+11,02%). E recordou que Galicia é, en termos interanuais, a quinta comunidade onde menos sobe o desemprego.

Arquivado en