O paro subiu no conxunto da provincia de Pontevedra no mes de decembro en 248 persoas. Trátase dun 0,23% máis que o mes anterior. En concreto, o número de desempregados situouse na provincia en 108.587 persoas, fronte ás 108.339 de novembro. Con este dato, 2013 pecha cun descenso anual de 1.879 persoas con respecto ao exercicio anterior, un 1,70% menos.
Das persoas rexistradas na oficina de emprego, 52.286 son homes; as mulleres sitúanse na cifra de 56.301 e 6.941 son menores de 25 anos. Por sectores, en servizos é no que se rexistra unha cifra máis elevada con 64.158 desempregados, a pesar do descenso con respecto a novembro ao atopar traballo 643 persoas. Tamén descendeu no colectivo sen emprego anterior ao situarse en 8.608 (218 menos). No resto aumentou o paro ao alcanzar a industria os 16.469 parados (175 máis que en novembro), na construción chégase aos 14.863 (525 máis) e na agricultura (409 máis).
As contrataciones seguiron a tónica de meses anteriores. Os datos recollidos polo Ministerio de Empleo y Seguridad Social reflicten que en decembro se fixeron un total de 20.654 contratos. De todos eles, 19.517, o 94,49% foron de carácter temporal; mentres que o resto, 1.137 foron indefinidos.
BAIXA O PARO NO CONCELLO DE PONTEVEDRA
Unha análise máis profunda dos datos permítenos comprobar como no Concello de Pontevedra o número de desempregados alcanzou en decembro as 8.505 persoas. Son 200 menos que en novembro. O descenso produciuse especialmente no sector servizos, con 190 desempregados menos. Tamén cae o paro na industria (16 menos) e nos que non tiñan emprego anterior (52 menos). Sobe, contrariamente, na construción (33 máis) e na agricultura (25 máis).
Con respecto aos datos interanuais, Pontevedra pecha 2013 con 462 desempregados menos que hai un ano. En decembro de 2012 buscaban traballo 8.967 pontevedreses, un 4,49% máis que na actualidade
GALICIA
O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) situouse ao finalizar decembro de 2013 en Galicia en 271.063 persoas.
Ao miúdo, aumentou en 209 persoas en relación con novembro (+0,08%) pero baixar en 7.724 no conxunto do ano pasado (-2,77%), segundo os datos que publica este venres o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
ESPAÿA
No conxunto do Estado, o paro ao termo de decembro fixouse en 4,7 millóns de persoas, despois de baixar en 147.385 desempregados en todo 2013 (-3%), o seu primeiro descenso anual dende 2006.
En decembro, o dato reduciuse en 107.570 persoas (-2,2%), a súa maior caída neste mes dentro da serie histórica, que arranca en 1996, e a segunda máis elevada en calquera mes.