Pontevedra quere ser cidade libre de hepatite C en 2024

Pontevedra
18 de xullo 2022

A cidade de Pontevedra adheriuse formalmente a #hepCityFree, unha campaña que anima a acelerar a eliminación da hepatite C, de forma que no horizonte do ano 2024 os casos de infección sexan practicamente residuais

Juan Turnes, jefe do servizo de Dixestivo do Complexo Hospitalario de Pontevedra
Juan Turnes, jefe do servizo de Dixestivo do Complexo Hospitalario de Pontevedra /

A cidade de Pontevedra adheriuse formalmente a #hepCityFree, unha campaña que anima a acelerar a eliminación da hepatite C, de forma que no horizonte do ano 2024 os casos de infección sexan practicamente residuais.

A través dunha declaración institucional, que leu no pleno o doutor Juan Turnes, xefe do servizo de Dixestivo do Complexo Hospitalario de Pontevedra, a corporación comprometeuse a apoiar a loita contra esta enfermidade, para a que non existe vacina.

A este respecto, a cidades son, segundo os expertos, fundamentais para acelerar a eliminación da hepatite C, pois nelas rexístrase o maior número de persoas que viven co virus.

Sumarse a #hepCityFree levará a Pontevedra a colaborar en campañas de sensibilización e cribados entre a poboación de 40 a 65 anos, en iniciativas encamiñadas a reducir prácticas de risco ou en impulsar políticas de prevención entre os colectivos máis vulnerables.

Ademais, o goberno municipal comprométese a facer cumprir as condicións hixiénico-sanitarias adecuadas en establecementos que fagan tatuaxes ou realizar estudos que demostren os resultados dos programas realizados na cidade.

"O reto que temos é de simplificación, integración e descentralización, e por iso, os concellos poden ter un papel crave para chegar, desde os servizos comunitarios e xunto aos axentes e ONG que traballan na cidade a aqueles colectivos de risco que, ou ben chegan tarde, ou non chegan, ao sistema sanitario", explicou o doutor Turnes.