Pontevedra, primeira provincia galega que entra na Spain Film Commission

Pontevedra
20 de xaneiro 2022

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o presidente da Spain Film, Carlos Rosado, formalizaron este mércores en Fitur a adhesión que converte a Pontevedra na primeira provincia en Galicia que entra na rede de traballo cara ao futuro Hub audiovisual de España

Teresa Azcona, Carlos Rosado e Carmela Silva
Teresa Azcona, Carlos Rosado e Carmela Silva / Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra consolidou este mércores en Fitur a súa "decidida aposta polo cinema e o sector audiovisual como factor cultural e de promoción turística" coa formalización da adhesión de Pontevedra Provincia Film Commission á Spain Film Commission, a entidade de referencia nacional e internacional destinada a promover o traballo en rede entre institucións políticas, axentes do sector do turismo, do audiovisual e do cultural. 

No acto no stand Screen, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, oficializou co presidente da Spain Film, Carlos Rosado, o protocolo de adhesión que converte a Pontevedra na única provincia galega en entrar neste grupo de traballo que está a liderar o desenvolvemento do Hub audiovisual de España. Ao acto asistiu tamén a vicepresidenta da Spain Film Commission, Teresa Azcona.

Na súa intervención Carmela Silva destacou a importancia que ten esta adhesión para a Deputación e para o conxunto da provincia.

Carmela Silva indicou que "tenemos en el territorio un catálogo de recursos muy amplio y versátil, como pazos, bodegas, castillos, bosques centenarios, playas, ruinas en paisajes únicos, cascos históricos, gastronomía... y una larga lista de elementos que se ven acompañados por una luz especial y una oferta de servicios necesarios para cualquier rodaje".

Carlos Rosado dixo estar "enormemente complacido" coa incorporación da Deputación á Spain Film Commission. "Ya te anuncio que nos volcaremos con la Deputación, lo hacemos con todos pero con los que aportan un valor especial como es vuestro caso, lo haremos aún más", dixo. 

Arquivado en