Pontevedra porá en valor "como se merece" o traballo desinteresado dos voluntarios

Pontevedra
01 de decembro 2023

O día internacional do voluntariado, que se conmemorará en todo o mundo o próximo 5 de decembro, terá o seu eco en Pontevedra. Será cunha chocolatada e a degustación de rosca na Praza da Peregrina, actividade organizada por Asampo

Anabel Gulías e Fran Pérez Miras, voluntario de Asampo
Anabel Gulías e Fran Pérez Miras, voluntario de Asampo / Concello de Pontevedra

O día internacional do voluntariado, que se conmemorará en todo o mundo o próximo 5 de decembro, terá o seu eco en Pontevedra. Será cunha chocolatada e a degustación de rosca na Praza da Peregrina, actividade organizada por Asampo.

O propósito é poñer en valor o traballo do voluntariado celebrando "como se merece" esta data sinalada, segundo destacou a concelleira de Benestar Social, Anabel Gulías, na presentación de este evento, en compañía de Fran Pérez Miras e Lucía Solleiro, voluntarios de Asampo. 

Por motivos laborais dos voluntarios, esta celebración será ao día seguinte, o mércores 6 de decembro, entre as 10:00 e as 13:00 horas.

Haberá rosca para diabéticos e Asampo aproveitará para iniciar o proxecto Bolsa dos desexos que recollerán de todos os participantes na chocolatada.

Eses desexos trasladaranos a Santiago no mes de febreiro, facendo o Camiño de Tui a Compostela, para entregar eses desexos na catedral e servir para acender o botafumeiro.

Asampo, subliñou Gulías, "leva anos dando a cara no noso concello por defender valores imprescindibles nunha cidade, nunha sociedade cada vez máis humana e cada vez mellor".