Pontevedra pecha 2018 con 5.619 desempregados, o nivel máis baixo desde hai dez anos

Pontevedra
04 de xaneiro 2019

A cidade pecha 2018 con 5.619 desempregados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego. Son 408 persoas menos que hai un ano, polo que a caída do paro nos últimos doce meses foi dun 6.76%. Isto supón, segundo datos oficiais, que o paro caese a niveis previos á crise

Traballadora
Traballadora / Mónica Patxot

Un total de 104 pontevedreses atoparon traballo en decembro, grazas sobre todo ao sector servizos e a campaña do Nadal. Así o desvelan os datos publicados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

Con este novo descenso, a cidade pecha 2018 con 5.619 desempregados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego. Son 408 persoas menos que hai un ano, polo que a caída do paro nos últimos doce meses foi dun 6.76%.

Isto supón, segundo datos oficiais, que o paro na Boa Vila caese a niveis previos á crise. En concreto, en 2008, Pontevedra pechaba o ano con 5.818 persoas sen traballo, un 15.19% da súa poboación activa. Trátase dunha porcentaxe lixeiramente similar ao 15.12% co que pechou o último ano.

Este descenso interanual, en maior ou menor medida, produciuse en todos os concellos do ámbito de influencia da capital. Con todo, no último mes do ano, foron moi poucos onde se reduciu o desemprego con respecto a novembro. Xunto con Pontevedra, só pasou en Bueu, Marín, Ponte Caldelas e Poio.

   Decembro  Novembro   Variación
Pontevedra5.6195.723-104
Barro2602519
Bueu776 791-15
Caldas de Reis74469351
Cambados1.00091783
Campo Lameiro1261215
Cerdedo-Cotobade33031515
Cuntis30328716
O Grove1.008880128
A Illa de Arousa2692609
A Lama1581517
Marín1.599 1.617-18
Meaño371 36110
Meis3573498
Moraña2872807
Poio1.0451.047-2
Ponte Caldelas504516-12
Portas203 18815
Ribadumia31529916
Sanxenxo1.2171.19720
Vilaboa36138322
Vilagarcía de Arousa3.2613.134127
Vilanova de Arousa   722 67943

 

 

Arquivado en