Pontevedra participa en Porto nun foro sobre mobilidade urbana

Pontevedra
18 de outubro 2019

Pontevedra foi convidada a participar no panel As cidades e o planeamento da mobilidade urbana sustentable e nel a edil de Promoción da cidade expuxo os principais parámetros da campaña Efecto PO2 que impulsa o goberno local dende este mandato e as actuacións de transformación urbana realizadas nas últimas dúas décadas

Participación de Anabel Gulías nun foro de mobilidade en Porto
Participación de Anabel Gulías nun foro de mobilidade en Porto / Concello de Pontevedra

Unha representación pontevedresa, formada polos edís Anabel Gulías e Alberto Oubiña, participou este venres nunha xornada sobre mobilidade urbana na cidade lusa de Porto.

O foro, organizado polo Instituto de Cidades e Vilas com Mobilidade e a Rede de Cidades e Vilas de Excelência de Portugal, analizou o futuro da mobilidade no ámbito das cidades,

Pontevedra foi convidada a participar no panel As cidades e o planeamento da mobilidade urbana sustentable e nel a edil de Promoción da cidade expuxo os principais parámetros da campaña Efecto PO2 que impulsa o goberno local dende este mandato e as actuacións de transformación urbana realizadas nas últimas dúas décadas.

Os asistentes ao congreso amosáronse interesados en como resolver as reticencias de poñer en marcha medidas que -a priori- poden non ser apoiadas por toda a cidadanía ou na determinación política de levar adiante estas actuacións.

Anabel Gulías aclarou a este respecto que a discrepancia "non pode ser unha escusa para non actuar" e sinalou que "hai que ter valentía para escoitar e, sobre todo, para actuar".