Miles de usuarios da compañía telefónica Movistar na provincia de Pontevedra están afectados, desde polo menos as 19.00 horas deste xoves, por unha incidencia na rede que lles deixou sen servizo de teléfono e datos 3G. A avaría non afectou a aqueles usuarios que dispoñen de 4G ou que carecen de servizo 3G.
A empresa recoñeceu a algúns usuarios ter aberta "unha incidencia na provincia de Pontevedra" e que os técnicos xa están a traballar na zona co obxectivo de reestablecer o servizo canto antes. PontevedraViva tentou contactar con eles para ampliar a información, pero sen éxito.
Esta incidencia afecta a clientes de Movistar e doutras compañías que operan a través da súa rede.
Ás 21.00 horas seguía sen restablecerse o servizo en numerosas localidades da provincia e foi media hora máis tarde cando, finalmente, resolveuse a avaría e os usuarios puideron conectarse con normalidade.